Luces, cámara... acción! Comeza Novos Cinemas
Por Redacción
15 filmes na competición oficial dos que 13 son estreas en Galicia e unha retrospectiva da cineasta lisboeta Teresa Vilaverde. Esta é a tarxeta de presentación da terceira edición de Novos Cinemas que comeza este martes 11 de decembro e que se estenderá ata o vindeiro domingo, día 16.
O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra -Novos Cinemas 03- dará comezo coa proxección de "Apuntes para una película de atracos", o último filme do cineasta Elías León Siminiani, como antesala da súa chegada ás salas de cine galegas. A cita é no Teatro Principal, o martes ás 20.30 horas e inclúe un coloquio co director.
Ademais, o festival continuará xirando arredor do seu eixo principal: os primeiros e segundos filmes de cineastas procedentes de todo o mundo, pero tamén cun oco especial para o audiovisual galego. Cineastas como Jaione Camborda, Eloy Domínguez, Eloy Enciso, Diana Toucedo forman parte da programación e estarán na cidade para proxectar ou conversar arredor das súas últimas obras.
Por outra banda, Novos Cinemas 03 porá o foco sobre o traballo dunha das cineastas máis carismáticas e tamén descoñecidas do cinema europeo contemporáneo adicándolle unha retrospectiva á lisboeta Teresa Villaverde.
Porén Novos Cinemas é moito máis cun festival. Nel haberá espazo para o asesoramento e desenvolvemento de proxectos, nesta edición cun "Lab" protagonizado polos últimos traballos de Ángel Filgueira, Alberto Martín Menacho, Andrés Sanjurjo, Malena Solarz.
Ademais disto, tres cineastas galegos que se atopan en proceso de desenvolvemento dos seus novos proxectos -Luis Bértolo, Toño Chouza e Anxos Fazáns-, participarán nas "Consultas Abertas" e outras actividades do "Lab" e "Encontros" do festival en calidade de convidados especiais.
Nesta ocasión para as noites desta terceira edición, o festival artella en colaboración coa Sala Karma unha programación musical que aglutinará propostas moi variadas: pinchada do Galician Bizarre, concertos de bandas como Selvática, Pantano, Trompas de Farlopio, Glitter & Litter, Esposa, Disco Las Palmeras! ou Rayotaser.
O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra é un evento organizado pola asociación Novos Cinemas e Matriuska e que conta co apoio do Concello de Pontevedra e tamén da Deputación Provincial, a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a Universidade de Vigo a través da Vicerreitoría do campus de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A película chinesa 'Suburban Birds', de Jiao Qu de Niao, gañadora de Novos Cinemas 2018
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Novos Cinemas profunda na súa internacionalización cunha xira por México e Colombia
Por Redacción |
-
Novos Cinemas inaugura a súa Edición 03
Por Redacción |
-
Novos Cinemas apúntase ás datas previas ao Nadal para ofrecer as películas máis alternativas
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Culturgal acolle a promoción de Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra
Por Redacción |
-
A terceira edición de Novos Cinemas contará con 15 películas nas súas seccións competitivas
Por Redacción |
-
Os Novos Cinemas incorporan a música á programación da súa terceira edición
Por Redacción |
-
Novos Cinemas estreará en Galicia a nova película de Elías León Siminiani
Por Redacción |