O Atlantic Fest xa ten datas para 2019: 26, 27 e 28 de xullo
Por Alejandro Espiño
O festival Atlantic Fest ponse en marcha para a súa próxima edición. A Illa de Arousa volverá encherse de boa música os días 26, 27 e 28 de xullo de 2019, na que será a terceira edición dun dos eventos culturais de referencia nas Rías Baixas.
A organización avanza que moi pronto comezarán a coñecerse o nome dos grupos e artistas que integrarán o cartel musical da súa nova edición.
O abono do festival, a prezo reducido de 37 euros, ponse á venda o 13 de decembro a través da páxina web www.atlanticfest.com. Esta oferta só durará 24 horas e, a partir do día 14, poderanse adquirir por 45 euros.
O Atlantic Fest, un festival xa consolidado, volverá ofrecer unha experiencia que convida o público a gozar dun equilibrio perfecto entre a música e o paraíso natural no que se celebra, mantendo un aforamento limitado para non masificarse.