Sete Espadelas obtén dous galardóns nos Premios Antonio Fraguas de Investigación do traxe galego
Por Redacción
A asociación pontevedresa Sete Espadelas continúa triunfando nas convocatorias dos Premios Antonio Fraguas de investigación do traxe galego, que organiza o Concello de Santiago en colaboración coa Asociación do Traxe Galego.
Nesta edición vixésimo cuarta, os integrantes de Sete Espadelas lograron dous premios. José Luis Rodríguez e Francisco Collantes gañaron o galardón ao traballo descritivo polo seu estudo 'Cen pezas do traxe do Val do Ulla', que analiza un cento de pezas antigas en ámbalas marxes do río Ulla, nos municipios da Estrada e de Vedra.
Este traballo levou dez anos de investigación, datación e catalogación de pezas antigas atopadas na comarca. Esta iniciativa permitirá que os seguidores do atavío tradicional poidan contar contar cunha obra referencial para os seus estudos.
O tamén integrante de Sete Espadelas, David Quiñones, acadaba o premio ao traballo analítico polo estudo 'Galicia, a terra dos mil panos'. Esta obra céntrase nos diferentes panos que se empregan na indumentaria tradicional galega. Obsérvase, entre outros, o uso da seda, panos de cabeza, de namoramento ou os de pescozo de meiriño.
Este Premio Antón Fraguas procura o fomento sobre a vestimenta tradicional de Galicia e o acto oficial de concesión dos premios realizous no Salón Nobre do Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.
Relacionadas:
-
Novo éxito de Sete Espadelas no concurso do Día do Enxalzamento do Traxe Galego
Por Redacción |
-
Unha escolma de mantóns achegan 'Galicia, a terra dos mil panos' ao Museo
Por Redacción |
-
O Museo Manuel Torres acolle a exposición "O traxe tradicional na nosa fala"
Por Redacción |
-
Exitosa estrea no Principal da montaxe etnográfica 'O soño da tecedeira' de Os de Algures
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Sete Espadelas, a grande triunfadora no concurso do Día do Enxalzamento do Traxe Galego
Por Oskar Viéitez |
-
Davide Salvado e a asociación Sete Espadelas presumen de tradición no Serán'01 do Gaiás
Por Redacción |