Un ano antes comezara o proxecto de Voodoó, que agora a piques de terminar o 2018 presenta o seu primeiro disco, tras dous EPs,'Vudú vol III'. Xunto a Maritxinha fan unha nova expresión da música galega que denominan 'soulk'.
Toca o violoncelo, o piano, a guitarra, a gaita, a pandeireta, o tambor e o tamboril. E é que ademais da súa formación de Conservatorio e Musicoterapia, a música tradicional galega córrelle polas veas.
O seu avó materno foi gaiteiro, ademais de emigrante en Bos Aires, como os seus pais; e como ela, bonaerense de nacemento e residente ata os seis anos. Da capital arxentina regresou ás orixes familiares: a aldea de Arou en Camariñas. Nun lugar pequeno descubriu "un mundo novo".
Muller de poñerse retos contínuamente, declárase tamén comprometida co galego. Algo que "se me foi metendo no corpo", despois de que lle prohibisen usalo nas clases que impartía - tamén estudou Maxisterio-.
Di nesta Playlist que ten "moitos amores musicais" e que terminará o ano nun bo momento. Nun bo momento e ademais peculiar. Será xunto ao seu irmán, e desde moi moi moi alto.