José Sacristán, Lola Herrera e Chévere, na nova tempada de teatro de Afundación
Por Redacción
Afundación presentou a súa tempada de teatro de xaneiro a maio na súa sede de Pontevedra, na rúa Augusto González Besada.
Abrirá a tempada "Eroski Paraíso", unha produción de Chévere dirixida por Xesús Rons e interpretada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias e Fidel Vázquez.
Gran triunfadora nos Premios María Casares, representarase o 19 de xaneiro ás 20.30 horas.
A seguinte obra será "Señora de rojo sobre fondo gris", de Miguel Delibes. Está protagonizada por José Sacristán, quen sairá a escena o 23 de febreiro ás 20.30 horas.
Pechará esta tempada "Cinco horas con Mario", de Miguel Delibes, dirixida por Josefina Molina e interpretada por Lola Herrera. Será o 10 de maio a partir das 20.30 horas.