Aos sete anosYolanda Castaño Pereira xa escribía poesía. No colexio de Santiago en que estudaba poñíana a recitar as súas composicións para os compañeiros. Ademais de ler a Gloria Fuertes, gustáballe xogar a disfrazarse "ser outra, a través dos trapos", e sacar o seu lado coqueto. A súa avoa materna era unha recoñecida modista na capital galega. A súa nai, bióloga e o seu pai, mariño mercante. Con trece anos a familia trasladouse á cidade herculina, onde estudou Filoloxía Hispánica.
Recoñece Yolanda en PontevedraViva Radio, que a carreira universitaria non lle axudou a profundar na súa vocación. Para cando piso a Universidade, xa gañara varios certames poéticos e tiña publicado o seu primeiro libro. Naquelas aulas, outra escritora, Luisa Castro, díxolles "o único consello que vos podo dar é que nunca sigades consellos", máxima que vén aplicando. Rexeita de plano o tópico de misticismo que se poida atribuír aos poetas, ela se confiensa máis ben mundana, de pisar a rúa, imos. De vivir todo canto toca vivir.
O seu compañeiro sentimental foi quen fai case catro anos convenceuna para ter presenza en redes sociais; e aínda que é activa a día de hoxe, prefire non prodigarse en moitas delas. Por certo, falando de compañeiros sentimentais, afirma ser de namorarse poucas veces, pero de forma intensa. Iso si "hai que ser esixente previamente" para evitar decepcións, así que esta parte salvouna ben.
Muller viaxeira, inquieta, non se conformou con escribir que tamén exerceu de presentadora en televisión, foi galerista, organiza eventos culturais e ata cantou xunto a Nacho Veigas. Iso de mesturar disciplinas artísticas é algo no que tamén ten experiencia e que é a súa teima, di na Playlist. Poesía, música, danza, audiovisual, arquitectura, cociña e agora... cómic. 'O puño e a letra' é o seu último traballo. O seu último traballo e o primeiro cómic poético. Corenta dos seus poemas foron 'reescritos' ou 'redibujados' por corenta ilustradores galegos.