O Eroski Paraíso de Chévere abre a nova tempada teatral de Afundación
Por Redacción
A compañía galega Chévere regresa a Pontevedra cun dos seus espectáculos máis exitosos. Trátase de Eroski Paraíso, a gran triunfadora nos premios María Casares 2017. A obra será a encargada de inaugurar unha nova tempada teatral de Afundación.
A representación celebrarase o vindeiro sábado 19 de xaneiro, ás 20.30 horas, no auditorio da sede Afundación en Pontevedra.
Dirixida por Xesús Xron, Eroski Paraíso conta cun elenco formado por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias e Fidel Vázquez, entre outros.
É a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, coma se estivese parada exactamente no mesmo lugar mentres todo transfórmase ao seu ao redor.
Trátase dunha maneira de retratar o desarraigamento que arrastrou unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, dos seus costumes, dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria
As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen un abono de tempada.