A enerxía transgresora de Nathy Peluso e Wöyza estrea o ciclo 'Contrariadas'
Por Redacción & Diego Torrado
O ciclo 'Contrariadas', impulsado polo Concello de Pontevedra co obxectivo de dar visibilidade a mulleres transgresoras como homenaxe ao movemento feminista, botou a nadar este sábado no Pazo da Cultura cunha xornada musical de altura.
Sobre o escenario pontevedrés compareceron dúas mulleres chea de enerxía e mensaxe, como a arxentina Nathy Peluso e a galega Wöyza, consolidadas como dous artistas punteiras dentro do panorama musical dos últimos anos.
A primeira en saír ao escenario foi precisamente Wöyza, coa súa animada posta en escena e a súa música entre o hip-hop e o soul, pasando por influencias de funk, gospel ou R&B. A artista moañesa puxo en valor a autosuperación e a independencia presente no seu segundo traballo de estudo, 'Pelea', co que virou no último ano por Europa e América.
Despois de máis dunha hora sobre as táboas, tomou a testemuña Nathy Peluso co seu espírito rompedor e comprometido, movéndose entre diferentes estilos musicais como o swing, a salsa ou o jazz. A arxentina chegaba a Pontevedra uns meses despois de lanzar o seu último EP, titulado 'La sandunguera' con cancións cunha orientación urbana.
Tratábase da primeira proposta de Contrariadas, pero non será a última, xa que o ciclo fomentará outras actividades aos longo do ano a través tamén do teatro ou do debate para visibilizar a mulleres creativas, contraditorias e transgresoras.
Relacionadas:
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: MKP Crew, mozos pontevedreses facendo música urbana
Por Marisa Ciordia |
-
Iolanda Díaz Gallego, memoria viva da migración galega en América, ofrece unha charla na Casa da Luz
Por Olaya Madrigal & Mónica Patxot |
-
O ciclo "Contrariadas" traerá en marzo as actuacións de Martirio e Mónica de Nut
Por Redacción |
-
Wöyza: "Galicia sempre foi moi rockeira e moi punk. Foi complicado atopar un oco"
Por Alejandro Espiño |
-
As transgresoras Nathy Peluso e Wöyza abren o ciclo Contrariadas
Por Anxo Lourido |