Cerdedo-Cotobade inicia as homenaxes a Antón Fraguas polas Letras Galegas
Por Redacción
A casa natal de Antón Fraguas en Insuela, en Cerdedo-Cotobade, foi o escenario escollido para dar o pistoletazo de saída aos actos de homenaxe ao autor con motivo da festividade das Letras Galegas 2019.
Máis de 200 persoas acudiron ao acto inaugural, onde se descubriu unha placa e onde o presidente municipal, Jorge Cubela, anunciou que o Concello en colaboración coa Real Academia Galega, a Fundación Fraguas e o resto de institucións públicas "traballará arreo neste ano 2019 para que todas as galegas e galegos coñezan recoñézana a vida, obra e o legado de Antonio Fraguas, que é sen dúbida unha figura indiscutible e fundamental da cultura galega do século XX".
A homenaxe ao escritor, historiador e fillo predilecto do municipio contou tamén coa intervención do seu sobriño, Xosé Martínez; o presidente da Fundación Fraguas, Xusto Beramendi, que destacou "o legado que Fraguas deixou para as seguintes xeracións"; e o deputado delegado de Cultura, Xosé Leal.
Ademais tamén falou o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, garantindo o apoio da Xunta á programación que se desenvolverá durante todo o ano.
O acto pechouse coa interpretación do himno galego a cargo da gaiteira Sonsoles Martínez.
Relacionadas:
-
Amplo programa de actividades para resaltar a figura de Antón Fraguas, homenaxeado nas Letras Galegas 2019
Por Redacción |
-
A Real Academia Galega celebrará o pleno extraordinario do 17 de maio en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade homenaxea a Antonio Fraguas na súa casa natal
Por Redacción |
-
Galaxia reeditará unha obra musical de Antón Fraguas para o Día das Letras Galegas 2019
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade empeza a preparar o Día das Letras Galegas 2019, adicado a Antón Fraguas
Por Redacción |