Unhas 'Noites de Retranca' renovadas traen a Pontevedra a Luis Zahera, Oswaldo Digón e David Perdomo
Por Almu Dapena
Os cómicos David Perdomo, Luís Zahera e Oswaldo Digón traen o seu humor a Pontevedra con Noites de Retranca, o espectáculo galego máis visto da historia con máis de 40.000 espectadores.
O teatro de Afundación encherase de risas a noite do 8 de febreiro con case dúas horas de humor da man de Luís Zahera, actor nomeado ao Goya polo seu papel na película 'El Reino', que estará acompañado neste espectáculo polos tamén actores e cómicos David Perdomo, artista convidado o ano pasado ao programa da Televisión de Galicia, Land Rober e Oswaldo Digón que repite experiencia nestas Noites de Retranca.
Por primeira vez estarán os tres artistas compartindo un mesmo escenario e non deixarán a ninguén indiferente co seu humor e retranca.
O show celebrarase o próximo 8 de febreiro ás 21.00 horas no auditorio da sede Afundación en Pontevedra. As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com ao prezo mínimo de 12 euros.