A viaxe de Ulises pasa por Pontevedra para entreter a grandes e maiores
Por Redacción & Diego Torrado
Centos de persoas, en horario matinal e vespertino, responderon a unha nova cita co ciclo de teatro familiar Domingos do Principal que, nesta ocasión, recuperaba a un dos personaxes máis coñecidos da mitoloxía grega: Ulises.
A compañía vasca Gorakada representou a obra El viaje de Ulises, unha metáfora da vida, da loita contra as dificultades e a forma de resolvelas.
A obra convidaba os espectadores a acompañar ao mítico personaxe de Ulises no seu periplo polo Mediterráneo cara Ítaca, tendo que superar todas as probas que os deuses gregos lle poñen polo camiño.
A próxima cita con Domingos do Principal será o próximo 10 de febreiro, ás 12.00 e ás 18.30 horas, coa obra El Tesoro de Barracuda, que ofrecerá a compañía sevillana A la sombrita.
As entradas están á venda, a través de www.ataquilla.com, a un prezo de 4 euros. De non esgotarse na venda anticipada, o despacho de billetes estará aberto dúas horas antes de cada función.
Relacionadas:
-
A "tartaruga" enche de público o Teatro Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
'Aguratrat', a adaptación teatral dun libro de Roald Dahl, vindeira función de Domingos do Principal
Por Olaya Madrigal |
-
Sombras e piratas para encandear o público de Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O teatro de sombras chega a Domingos do Principal cunha innovadora historia de piratas
Por Redacción |
-
Teatro Gorakada invítanos a viaxar con Ulises en Domingos do Principal
Por Redacción |
-
O desaparecido Pavillón Lino da Coruña rexorde nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Unha viaxe en 360 graos para inaugurar Domingos do Principal 2019
Por Redacción & Diego Torrado |