Coti e Roi Casal porán a música na próxima Festa da Ameixa de Campelo
Por Redacción
O cantante arxentino Coti e o músico galego Roi Casal co seu espectáculo Son Galego Son Cubano son as opcións elixidas polo Concello de Poio para amenizar musicalmente a edición número 33 da tradicional Festa da Ameixa de Campelo.
Nesta ocasión, a festa terá lugar entre os días 13 e 15 de setembro na Praza da Granxa. Ambos os dos concertos serán gratuítos.
A oferta musical complementarase coa actuación dunha coñecida orquestra e cunha nova edición do Certame da Canción Mariñeira con grupos procedentes de toda a xeografía galega.
O Concello destaca que a Festa da Ameixa de Campelo contará tamén co terceiro concurso de fotografía e un amplo programa de actividades de lecer para os máis cativos, entre elas unha nova edición do Desembarco Pirata.
Como xa ven sendo habitual dende o ano 2011, a festa homenaxeará durante a primeira xornada a mariscadores á pé e a flote xubilados o pasado ano e pertencentes ás tres confrarías que traballan na ría de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Poio prepárase para a 32 edición da Festa da Ameixa
Por Almu Dapena |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería con Cubo Metálico: cinco músicos e un extraterrestre
Por Marisa Ciordia |
-
Eleni Foureira traerá o seu 'fuego' á Festa do Mar de Combarro
Por Alejandro Espiño |
-
A festa e a gastronomía tomarán Poio do 21 ao 25 de agosto e do 13 ao 15 de setembro
Por Redacción |