Pablo López, Vanesa Martín e Pastora Soler, á fronte dun novo festival en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño
Nace un novo festival nas Rías Baixas. Trátase do Maestral Music Festival, un evento que promete traer grandes nomes da música española a Sanxenxo. A diferenza de eventos similares, non reunirá concertos nunha única fin de semana senón que apostará por programar actuacións durante vinte días, do 3 ao 23 de agosto.
Segundo informou a organización, as primeiras actuacións confirmadas son tres artistas de primeira liña: Pablo López, Vanesa Martín e Pastora Soler.
A intención é ofrecer un concerto diario durante o festival. Así, Pablo López actuará o día 21 de agosto, Pastora Soler o 22 de agosto e Vanesa Martín o 23 de agosto.
Ademais, o 20 de agosto a música poñeraa God Save the Queen, a banda tributo ao grupo liderado por Freddie Mercury; e o 17 de agosto haberá un concerto dedicado á música dos anos 80 e 90 que reunirá a artistas como Javier Gurruchaga, Nacho García Vega, Carlos Segarra, Santi Bastos e Miguel Costas.
O escenario dos concertos estará situado no polígono empresarial de Nantes, onde se habilitará un espazo para acoller a unhas 3.000 persoas. Xunto a este improvisado auditorio haberá tamén un espazo para instalar unha zona de lecer e gastronomía. Toda a estrutura será desmontada ao final do festival.
As entradas para estes concertos poderanse adquirir na plataforma Ataquilla.com.
Relacionadas:
-
27 artistas nacionais e internacionais ofrecerán concertos no Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Roi Méndez (OT) tamén se suma ao cartel do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
A 'resurrección' de Hombres G, nova confirmación para o Maestral Music Festival
Por Redacción |
-
O Maestral Music Festival mira de novo a OT: Aitana actuará en Sanxenxo o 3 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Alfred García tamén estará no Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería con Cubo Metálico: cinco músicos e un extraterrestre
Por Marisa Ciordia |