Sombras e piratas para encandear o público de Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado
Un espectáculo para goce dos nenos, e non tan nenos. O Teatro Principal de Pontevedra acolleu este domingo unha nova xornada do ciclo Domingos do Principal.
Era a quenda da obra O tesouro de Barracuda, da compañía andaluza 'A la sombrita', toda unha experiencia para os asistentes a través dun xogo de sombras cun tratamento innovador e contemporáneo.
A obra contaba a historia de Barracuda e os seus amigos, e de como levaban anos buscando o tesouro do pirata Phineas Krane.
A sesión no Teatro Principal foi dobre, ás 12:00 e ás 18:30 horas, e terá continuidade este luns 11 de febreiro ás 11:30 horas cun terceiro pase para escolares.
Domingos do Principal volverá o día 17 de febreiro con Aguratrat, do grupo galego Pérez&Fernández, unha obra de teatro de actor baseada no libro 'EsioTrot' de Roal Dalh e recomendada para nenas e nenos a partir dos 6 anos de idade.
Relacionadas:
-
Domingos do Principal despídese cunha divertida e poética lección de superación
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Cinco portas que se abren e se pechan nos Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Aqueles escolares que pasaron a ser adultos a través de 20 anos de teatro nos Domingos do Principal
Por Victoria Regueira & Anxo Lourido |
-
A "tartaruga" enche de público o Teatro Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
'Aguratrat', a adaptación teatral dun libro de Roald Dahl, vindeira función de Domingos do Principal
Por Olaya Madrigal |
-
O teatro de sombras chega a Domingos do Principal cunha innovadora historia de piratas
Por Redacción |
-
A viaxe de Ulises pasa por Pontevedra para entreter a grandes e maiores
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O desaparecido Pavillón Lino da Coruña rexorde nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |