Gustavo Almeida publica o seu cuarto disco, 'Vértice', este 14 de febreiro
Por Redacción
Gustavo Almeida saca este xoves 14 de febreiro, o seu novo traballo discográfico en todas as plataformas dixitais. Co título 'Vértice', este álbum do artista brasileiro afincado desde hai 20 anos en Pontevedra publica os seus últimos temas producidos por Nacho Mañó, baixista de Presuntos Implicados e produtor deste grupo e de Alejandro Sanz, Armando Manzanero, Revólver, Niña Pastori ou Lolita.
O cantautor presentará este disco o venres 22 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra a partir das 21.00 horas. As novas cancións ofrecen unha combinación entre a cultura brasileira e a española con fusión de estilos.
Neste último traballo ofrece as raíces brasileiras a través de melodías, harmonías e textos. Nacho Mañó produciu os temas co obxectivo de axuntar as distintas influencias e ofrecer un contexto contemporáneo.
Almeida chegaba a Galicia a mediados da década dos 80 como futbolista do Real Club Celta de Vigo. Pero finalmente a súa vea artística levoulle a ser un dos referentes musicais dos escenarios galegos.
Relacionadas:
-
Gustavo Almeida opta a 5 nominacións nos Latin Grammys 2019
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Gustavo Almeida, o 'Vértice' entre o fútbol e a música
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: O futuro de Brasil visto por brasileiros
Por Marisa Ciordia |
-
'Gustavo Almeida e amigos' chega á súa sexta edición
Por Redacción |
-
"Gustavo Almeida e amigos", no Sexto
Por Oskar Viéitez |