Dorian e The New Raemon, entre as seis novas confirmacións do Atlantic Fest
Por Redacción
O Atlantic Fest promete unha edición cargada de sorpresas e, para ir abrindo boca, confirmou o nome de seis novas bandas que integrarán o cartel do festival, que se celebrará na Illa de Arousa os días 26, 27 e 28 de xullo.
Entre elas está Dorian, unha das bandas de referencia da actual escena musical española, que presentarán no festival o seu novo disco, Justicia universal. Será o 27 de xullo, día no que o público gozará tamén con The New Raemon, que chega co seu sexto álbum de estudo, Una canción de cuna entre tempestades.
La Estrella de David, Mourn, Las Odio e Chelsea Boots son as outras catro incorporacións ao festival, segundo desvelaron este xoves os seus organizadores.
Todo eles únense aos xa confirmados Love of Lesbian, Marlon Williams, Nacho Vegas, La Bien Querida, María Rodés e Cariño. En breve coñecerase o resto da oferta musical.
Os abonos para Atlantic Fest atópanse á venda a través da web oficial do festival ao prezo reducido de 50 euros só ata o 9 de abril.
Relacionadas:
-
O Atlantic Fest máis comprometido quenta motores para a súa edición de 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Los Planetas volven dous anos despois ao Atlantic Fest completando o seu cartel
Por Redacción |
-
O Atlantic Fest crece con Marlon Williams, Nacho Vegas, La Bien Querida, María Rodés e Cariño
Por Alejandro Espiño |
-
Love of Lesbian, primeira confirmación para o Atlantic Fest 2019
Por Alejandro Espiño |
-
O Atlantic Fest xa ten datas para 2019: 26, 27 e 28 de xullo
Por Alejandro Espiño |