'Dddelirio' foi o acompañamento do seu nome durante un tempo. Logo pasou a 'de la Church', un spanglish do seu apelido, Diego de la Iglesia. Ese último empregouno para as súas horas de Dj: Diego da Church. Haberá quen recoñeza o sobrenome, pero en feminino: Betty de la Church. Si, tamén fai incursións como Dj e é a súa irmá; así que cando se xuntan podedes recoñecelos como Church Brothers.
É unha pequepa parte da historia desta Playlist, porque tamén protagoniza este podcast o batería da banda pontevedresa The Blind Crows. Cumpren dez aniños, así que decidiron celebralo cun novo LP 'Death awaits us all' e advirten na carátula "made to be played loud". Un lema que se axusta á banda sonora de Diego, feito para tocar y para escoitar forte. Demostrarano este sábado 16 no concerto de presentación do disco na Sala Karma
A súa biblia está sacada do 'Punk-o-Rama' e aínda que por agora non pode vivir da música, ten outra fe que reflicte no deseño gráfico; o mesmo co que customizó a un Cristo do libro de texto de Relixión. Empezou a tocar a batería para desestresarse, enseguida xuntouse con Alberto e formaron The Noisy Room. Máis tarde con Samu estivo en Terbutalina. Agora os tres son The Blind Crows. Hai outros 'corvos' que lles acompañan en cada vídeo: Romi y Gero de Produccións Mutantes, pero esta, é outra historia, que desde PontevedraViva Radio contarémosvos nunha próxima ocasión.