Aqueles escolares que pasaron a ser adultos a través de 20 anos de teatro nos Domingos do Principal
No ano 2000 nacía a idea de crear un ciclo de teatro familiar durante as tardes dos domingos en el Teatro Principal de Pontevedra. A compañía Teatro Akatro desenvolvía este proxecto en colaboración coa concellería de Cultura. Aqueles primeiros escolares que asistían ás primeiras funcións teñen agora fillos que seguen indo como espectadores aos Domingos do Principal.
O éxito das primeiras edicións provocaba que centos de persoas se quedarna ás portas do Teatro e iso levou a que desde 2010 se organizaran dobres funcións, unha matinal e outra vespertina, que en numerosas ocasións continúan colgando o cartel de "Non hai entradas".
O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura Carmen Fouces, acompañados por Xacobe Rodríguez, de Teatro Akatro, inauguraban este venres unha mostra con 20 carteis e 100 fotografías de público, procedentes do arquivo do Diario de Pontevedra, amosando a evolución deste ciclo de teatro ao longo destas dúas décadas.
As compañías, segundo explica Xacobe Rodríguez, afirman que o público infantil de Pontevedra é moi educado e crítico, ata o punto de que os propios espectadores avalían as funcións ao remate de cada montaxe. O coordinador de Domingos do Principal asegura que ademais estes espectadores pasan a ser público habitual de espectáculos a medida que van medrando. Neste sentido, o ciclo recolle obras de ámbito autonómico, nacional e internacional con mostras de diferentes artes escénicas desde circo ata danza contemporánea pasando por títeres ou teatro de reparto actoral.
A concelleira Carmen Fouces destaccaba a importancia desta actividade tradicional para os escolares pontevedreses. Tamén o alcalde de Pontevedra sinalaba que este tipo de iniciativas se engloban dentro do proxecto de cidade porque se trata de accións que axudan a encher os diferentes espazos do municipio e se mostraba orgulloso de que Pontevedra sexa unha referencia en programación para nenos.
Ata agora por Domingos do Principal pasaron máis de 112.500 espectadores, celebráronse 286 funcións de 107 compañías diferentes e o cartel de entradas esgotadas colgouse 76 veces. Este domingo 24 chega outra boa oportunidade para comprobar a fantástica saúde deste ciclo co espectáculo Emportats, de La Trócola circo.
Relacionadas:
-
Dez semanas de teatro infantil sen interrupción nun Domingos do Principal que irá adaptando as butacas á pandemia
Por Natalia Puga |
-
Máis de 4.600 espectadores gozaron do 20 aniversario dos Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Domingos do Principal despídese cunha divertida e poética lección de superación
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Domingos do Principal bota o peche co espectáculo 'Euria (Chuvia)'
Por Redacción |
-
Cinco portas que se abren e se pechan nos Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A "tartaruga" enche de público o Teatro Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
'Aguratrat', a adaptación teatral dun libro de Roald Dahl, vindeira función de Domingos do Principal
Por Olaya Madrigal |
-
Sombras e piratas para encandear o público de Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |