Reivindicación da Rosalía de Castro máis universal e feminista
Por Victoria Regueira & Redacción
O vestíbulo da Deputación de Pontevedra acolleu unha lectura pública de fragmentos de obras relacionadas con Rosalía de Castro atendendo ás recomendacións da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) nun encontro que leva celebrándose nos últimos catro anos.
Deste xeito o acto adiantouse dúas xornadas ante a celebración o domingo do Día de Rosalía, que se conmemorará en distintos Concellos da provincia. O evento contou coa intervención da presidenta Carmela Silva e do deputado de Cultura Xosé Leal, ademais de diversos representantes de asociacións e colectivos da provincia.
A presidenta provincial reivindicaba a faceta feminista da "nosa escritora máis universal" para ler un fragmento do libro 'Rosalía feminista', obra da escritor María Xosé Queizán.
Xosé Leal escolleu o poema 'Cantarte hei, Galicia', unha obra que está vencellada co Ano da Música e coa cultura galega. A poeta Lucía Novas foi a encargada de ler o manifesto da AELG. Baixo o título 'Libre o meu pensamento', a escritora de Bueu lía as palabras da xornalista e poeta Ana Romaní. A continuación, a Deputación entregou un libro e unha camelia do cultivar 'Rosalía de Castro', procedente da Estación Fitopatolóxica de Areeiro.
Relacionadas:
-
"É difícil imaxinarnos sen Rosalía, como é difícil alentar sen ar ou vivir sen auga"
Por Redacción & Roberto Alonso Pereira |
-
Homenaxe á Rosalía que rompeu moldes no aniversario do seu nacemento
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Un libro de poesía e unha camelia para lembrar os agasallos culturais que deixou Rosalía de Castro
Por Redacción |
-
As palabras de Rosalía de Castro agromarán este domingo no Parque Ramal dos Galos
Por Redacción |
-
Música de Ugía Pedreira e A Banda da Loba para celebrar o Día de Rosalía en Pontevedra
Por Redacción |