'A sombra da lei', rodada en Pontevedra, gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo
Por Redacción
A sombra da lei acaparou 10 Premios Mestre Mateo na gran gala que se celebraba este sábado no Palacio da Ópera da Coruña. Deste xeito convertíase na gran triunfadora desta edición dos premios da Academia Galega do Audiovisual. O filme de Dani de la Torre conquistou os galardóns á mellor longametraxe -de Vaca Films Studio, Atresmedia Cine, La Ley del Plomo AIE e Playtime Production Sarl- e á mellor dirección do propio Dani de la Torre, que dirixiu varias escenas en Pontevedra. Os integrantes da Academia tamén recoñeceron a dirección de arte de Juan Pedro de Gaspar, a dirección de produción de María Liaño, a interpretación protagonista de Luis Tosar, a maquillaxe e perruquería de Raquel Fidalgo e Noé Montes, a montaxe de Jorge Coira, a música orixinal de Manu Riveiro e Xavi Font, o son de David Machado, James Muñoz e José Antonio Manovel, ademais do vestiario de Clara Bilbao.
Trote, o debut na longametraxe de Xacio Baño, fíxose con 5 dos galardóns da noite: mellor dirección de fotografía para Lucía C. Pan -que acada o galardón por segundo ano consecutivo-, mellor guión para Xacio Baño e Diego Ameixeiras e case pleno nas categorías interpretativas con Melania Cruz como mellor interpretación feminina de reparto, Federico Pérez como mellor interpretación masculina de reparto e María Vázquez como mellor interpretación feminina protagonista.
Idénticas, dirixido por Luis Avilés, gañou o premio ao mellor documental mentres que Dinosaurio, se fixo co premio á mellor serie web. A nena azul, de Sandra Sánchez, conquistou o de mellor curtametraxe de imaxe real e Soy una tumba, o de mellor curtametraxe de animación. Ti fixo o propio co de mellor anuncio e Ahora o nunca (Pegatina feat Macaco) de Manu Viqueira, co premio ao mellor videoclip. O sabor das margaridas acadou o premio á mellor serie de televisión, mentres que Buscadores de naufraxios gañou o de mellor programa de TV e Rodrigo Vázquez o de mellor comunicador polo seu traballo no programa Ti verás! Completa os premios televisivos o de Sito Torres e Miguel Granero pola realización de Álbum de viaxe.
Este ano, os premios homenaxe foron a mans da Federación de Cineclubes de Galicia e para a actriz Mela Casal.
Relacionadas:
-
O Cine Club Pontevedra, cuarta sede da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe
Por Olaya Madrigal |
-
Pontevedra, á 'La sombra de la ley' cunha premier de película
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Chega ás salas comerciais 'La sombra de la ley'
Por Alejandro Espiño & Marisa Ciordia |
-
Pontevedra, entregada na estrea de "La sombra de la ley": Luis Tosar e Michelle Jenner, os máis aclamados
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Luis Tosar pasea por Montero Ríos recreando a Barcelona dos anos 20
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
A rodaxe da película 'La sombra de la ley' revoluciona o centro da cidade
Por Diego Espiño |