Esgotadas as entradas para o concerto de James Rhodes, que este domingo visitou Pontevedra
Por Redacción
James Rhodes, o singular e popular pianista, xa ten vendidas todas as entradas para o seu concerto o 19 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra dentro do Ciclo Voices.
E para coñecer con antelación a cidade do Lérez, o músico británico pasou a xornada deste domingo en Pontevedra aproveitando o día de descanso despois das súas actuacións o venres en Santiago de Compostela e o sábado na Coruña. Precisamente, o músico lanzaba esta pregunta na súa conta de Twitter desde A Coruña: "
Os seus seguidores ofreceron decenas de aportacións. Entre elas atopábase a do concelleiro do equipo de goberno Alberto Oubiña que o invitaba a "camiñar, camiñar e camiñar" pola capital ao mesmo tempo que lle remitía o artigo publicado en The Guardian sobre o modelo de cidade de Pontevedra.
Outra das curiosas respostas foi a da xornalista Diana López, organizadora con Susana Pedreira do foro 'As mulleres que opinan son perigosas', que lamentaba que James Rhodes non estivera ese mesmo sábado en Pontevedra para asistir a este Encontro feminista. Ante todas as opcións que se lle foron ofrecendo, o pianista mostrou o seu interese por visitar Combarro, en Poio.
Xa ao longo do domingo lanzou algunhas mensaxes nas redes sociais sobre a súa estancia na cidade. En concreto, indicou que se atopaba comendo en Ultramar, o restaurante de Pepe Vieira, situado no Museo de Pontevedra. E dese alí enviaba un chío sobre o pan "de los dioses" e outro compartido tamén en Instagram no que torcía a faciana ante o doce da sobremesa afirmando "la cara de la vergüenza. Dalky de Toblerone - chocolate, miel y almendras. Y nata".
Xa no hotel volveu chancear con outro tweet: "Qué
Relacionadas:
-
James Rhodes hipnotiza no Pazo da Cultura. "Sinto Galicia como a miña segunda casa"
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
O pianista James Rhodes coñece o centro peonil de Pontevedra: "es una de las cosas más impresionantes que he visto"
Por Redacción |
-
Luísa Sobral, unha 'Rosa' que brilla no Pazo da Cultura
Por Redacción & Diego Torrado |
-
James Rhodes, unha mañá de "paz e harmonía perfecta" no centro penitenciario da Lama
Por Alejandro Espiño |
-
James Rhodes chega ao Pazo da Cultura de Pontevedra o domingo 19 de maio
Por Oskar Viéitez |