O escritor pontevedrés J. J. M. Veiga busca apoio para publicar 'La apatía de los idiotas'
Por Redacción
O pontevedrés J.J.M. Veiga quere publicar a súa nova novela, 'La apatía de los idiotas', na que quere seguir indagando nas claves e formas narrativas da literatura de xénero. Por este motivo lanza unha campaña de crowfunding.
Este autor publicou 'Cuando el destino nos alcance, el maíz seguirá creciendo' e anteriormente obras de ciencia ficción e do xénero fantástico como 'Las Montañas del Olvido' e 'El reflejo dorado'.
A nova obra comeza coa aparición dun corpo ensanguentado ás portas do único hotel de Portolara, un pequeno pobo pesqueiro ao que practicamente a maioría dos seus habitantes relaciónaselles co narcotráfico.
Coa campaña preventa, o autor quere alcanzar o equivalente a 55 reservas e os participantes recibirán a novela un exemplar antes de que salga á venda, ademais de contar cunha cita nos agradecementos, no caso de que achegar algo máis do prezo da venda.
As doazóns pódense realizar a través da plataforma Back It.