Domingos do Principal bota o peche co espectáculo 'Euria (Chuvia)'
Por Redacción
O Teatro Principal prepárase para vivir a traca final do ciclo Domingos do Principal, cunha dobre sesión o próximo 10 de marzo a cargo da compañía vasca Markeliñe.
A súa proposta, co título Euria (Chuvia), supón toda unha aprendizaxe sobre a maneira de superar unha perda e sobre capacidade de superación, utilizando para iso metáforas visuais, toques de humor e posuía.
"A perda dun ser querido é un feito natural, a maneira de vivir esas ausencias, como choralas e como recuperarse de novo é unha circunstancia da vida que tamén debe ser explicada na infancia", sinala a compañía para explicar o seu espectáculo.
A última cita de Domingos de Principal está recomendada a partir dos 6 anos de idade e conta cunha duración de 55 minutos.
Os pases, como é habitual, terán lugar ás 12:00 e ás 18:30 horas.
Relacionadas:
-
Cinco portas que se abren e se pechan nos Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Aqueles escolares que pasaron a ser adultos a través de 20 anos de teatro nos Domingos do Principal
Por Victoria Regueira & Anxo Lourido |
-
A "tartaruga" enche de público o Teatro Principal
Por Diego Torrado & Redacción |