Domingos do Principal despídese cunha divertida e poética lección de superación
Por Redacción & Diego Torrado
Tras case dous meses de actividade e sete espectáculos sobre o escenario, o ciclo Domingos do Principal chegou á súa fin. Fíxoo da man da compañía vasca Markeliñe, que ofreceu ao público pontevedrés unha dobre sesión de Euria (Choiva).
Este espectáculo, a medio camiño entre o teatro e a danza, obtivo unha gran acollida entre os pequenos e maiores que enchían o patio de butacas do Principal.
Markeliñe propoñía toda unha aprendizaxe sobre a maneira de superar unha perda e sobre capacidade de superación, utilizando para iso metáforas visuais, toques de humor e poesía.
Domingos do Principal é o ciclo organizado polo Pazo da Cultura de Pontevedra para achegar as artes escénicas aos nenos máis pequenos. É, sen dúbida, unha das iniciativas culturais máis exitosas das que se celebran na cidade.
Relacionadas:
-
O director Frank de Vuyst, tres veces gañador da Batuta de Ouro, estrela do Ciclo de Butaca da Banda de Música de Pontevedra
Por Olaya Madrigal & Mónica Patxot |
-
Máis de 4.600 espectadores gozaron do 20 aniversario dos Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Cinco portas que se abren e se pechan nos Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Aqueles escolares que pasaron a ser adultos a través de 20 anos de teatro nos Domingos do Principal
Por Victoria Regueira & Anxo Lourido |
-
Sombras e piratas para encandear o público de Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |