Café Quijano amosa en Pontevedra que "la vida no es la la la"
Por Diego Torrado
Afundación acolleu este domingo a presentación do novo disco de Café Quijano, "La vida no es la la la".
Cando se cumpren vinte anos desde o seu debut discográfico, Café Quijano regresan aos grandes escenarios con todo o seu potencial eléctrico e acústico.
Nesta xira, os irmáns Quijano fan xustiza a todos os grandes momentos da súa carreira incluíndo tanto o pasado coma o presente, desde que en 1998 gravaron o seu primeiro disco con Warner, tras recibir grandes aplausos nos múltiples concertos e proxectos nos que xa participaban. La Lola foi o primeiro grande éxito deste grupo leonés.
O novo espectáculo de Café Quijano expuxo preto de dúas horas de historia viva do pop latino.