A XX edición do Salón do Libro abre as súas portas como "un mar eterno de revolución e ilusión"
Por Diego Espiño
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abriu este sábado o seu XX edición coa súa habitual vitalidade.
"Un libro é un mar eterno de revolución e ilusión, e así foi a chegada do Salón a Pontevedra hai dúas décadas", sinalou no acto de inauguración a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, para recoñecer despois que "no Salón queremos seguir sendo unha fiestra aberta ao mundo, un punto de encontro entre linguas, culturas e literaturas".
Con ese espírito abre unha edición que vira sobre dous eixos principais, a revolución e a cultura lusófona, á que se rende homenaxe xunto á poesía de Antonio García Teijeiro.
O concerto inaugural desta edición, 'Paseniño, paseniño', ofreceu unha performance de música e contos para celebrar os 20 anos de revolución do Salón, contando coa participación do Quinteto de Metais do Conservatorio de Pontevedra, o coro do IES da Xunqueira I, Nee Barros, Pavís Pavós e Raquel Queizás baixo a dirección de Marcelo DoBode.
Carmen Fouces: "No Salón queremos seguir sendo unha fiestra aberta ao mundo, un punto de encontro entre linguas, culturas e literaturas".
Tampouco podía faltar Orbil, a mascota do evento e un dos maiores reclamos dos máis pequenos. O lobo foi o encargado de abrir as portas do Pazo da Cultura e dar paso a tres semanas de actividades cun calendario repleto e dirixido a escolares, novos e familias.
Entre as novidades desta edición atópase a redución de aforamentos para garantir a calidade dos talleres e a apertura do Recinto Feiral.
Exposicións, rutas, contacontos, talleres, teatro e espectáculos musicais pasan a ser os protagonistas dun Salón do Libro que a través da temática da revolución pretende achegar aos mozos a reflexión e o pensamento crítico.
Consulta aquí o programa completo de actividades do XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que permanecerá aberto ata o día 12 de abril.
Relacionadas:
-
Pontevedra acolle o Festival de poesía PontePoética do 10 ao 14 de abril
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Homenaxe no Salón do Libro a Antonio García Teijeiro no Día da Literatura infantil e xuvenil
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Antonio García Teijeiro, protagonista do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Nova vida para os libros na II Feira de Libros Usados
Por Almu Dapena |
-
O Salón do Libro acolle o Congreso Internacional de Mediación Lectora
Por Redacción |
-
"Motim", a exposición de ilustración do Salón do Libro, reúne no Museo a obra de 38 celebridades artísticas lusas
Por Olaya Madrigal & Mónica Patxot |
-
A cultura lusófona invadirá a cidade durante a celebración dos 20 anos do Salón do Libro
Por Olaya Madrigal |
-
Autores e editores de Brasil, Portugal ou Angola estarán no Salón do Libro máis lusófono da historia
Por Alejandro Espiño |