Los Planetas volven dous anos despois ao Atlantic Fest completando o seu cartel
Por Redacción
O Atlantic Fest 2019, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de xullo na Illa de Arousa, desvelou este venres a súa última batería de confirmacións para completar un cartel de auténtico luxo.
Entre esas novidades destaca unha das bandas máis recoñecidas do panorama nacional, Los Planetas, que dous anos despois da súa última presenza no festival arousán regresarán como un dos cabeza de cartel para celebrar os seus 25 anos de carreira. Farano ao grande, cun novo disco en directo debaixo do brazo, gravado na súa última xira, e que contén os seus grandes éxitos.
Tamén se suma ao escenario principal Betacam, o proxecto en solitario de Javier Carrasco (Templeton, Rusos Blancos).
Los Planetas e Betacam únense así aos grandes nomes xa confirmados como Love of Lesbian, Dorian, Marlon Williams, Nacho Vegas e La Bien Querida, todos eles no escenario central, xunto a Maria Rodés, The New Raemon, Mourn, La Estrella de David, Las Odio e Chelsea Boots.
O resto de confirmacións este venres, para pechar a composición do Atlantic Fest, son as de La Zowi, Joe Crepúsculo, Soleá Morente, Apartamentos Acapulco, Víctor Coyote, Albany, Candeleros, Confeti de Odio e Hickeys.
Os abonos para Atlantic Fest atópanse á venda a través da web oficial do festival www.atlanticfest.com ao prezo reducido de 50 euros ata o día 9 de abril.
Por outra banda o festival engadiu novos Atlantic Days á súa programación. Ás xornadas de promoción xa confirmadas para o mes de abril con Cupido (12 abril Salga Karma de Pontevedra, 13 abril Salga Bunker da Coruña) súmase dous máis para o mes de maio con La Zowi (24 de maio Sala Malatesta de Santiago e 25 de maio Salga Karma de Pontevedra).
Relacionadas:
-
O universo indie invade a Illa de Arousa a través do Atlantic Fest
Por Redacción |
-
O Atlantic Fest máis comprometido quenta motores para a súa edición de 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Sete Festivais Rías Baixas pensados para gozar "da mellor música, nos mellores espazos e coa mellor xente"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Dorian e The New Raemon, entre as seis novas confirmacións do Atlantic Fest
Por Redacción |
-
O Atlantic Fest crece con Marlon Williams, Nacho Vegas, La Bien Querida, María Rodés e Cariño
Por Alejandro Espiño |
-
Love of Lesbian, primeira confirmación para o Atlantic Fest 2019
Por Alejandro Espiño |