Cando o leghón atrona na praza de España
Por Redacción
A Aña Urbana celebraba este sábado o seu décimo aniversario cunha exhibición da cultura tradicional. Centos de persoas pasaban pola carpa situada na praza de España para gozar da música tradicional, das actividades, bailes, rutas e degustación de produtos típicos de Galicia.
Este festival, que organiza a asociación cultural Trépia en colaboración coa concellería de Festas, permitiu que escolares e adultos deran mostra da súa arte tocando desde a pandeireta á sacha e o leghón, golpeados por unha pedra.
Ao mesmo tempo ofreceron cantares específicos e a exxecución do baile do ramo, en que un mozo invita a bailar ás mulleres cun ramo de loureiro.
A Aña Urbana recolle costumes tradicionais que se relacionan cos traballos do labrado propios do mes de abril.