Contos en familia para bebés no Salón do Libro
Por Redacción
Este luns 8 de abril, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil acolle unha sesión de contos en familia dentro do programa Apego. Comezará ás 17.00 horas na bebeteca instalada no Pazo da Cultura coa intención de que as familias se acheguen para contar contos en lingua galega.
Nestas actividades incentívase a comunicación na lingua galega dentro da familia coa intención de promover espazos de socialización en galego para menores, que teñan entre 0 e 6 anos.
PROGRAMACIÓN DO DOMINGO
O Salón do Libro desenvolve este domingo 7 diferentes actividades para o público familiar como a 'Feira do libro usado' durante amñaá. Un concerto de Elisabeth Ferreira e Gustavo Almeida baixo o título 'Eu conto, ti cantas' coa canción 'O Leãozinho', de Caetano Veloso como base.
Durante todo o día, ás 12.00, 17.00 e 18.30 horas vai desenvolverse outro espectáculo musical, 'Afinal o caracol', a cargo de Andate teatro. Unha montaxe con poesía de Fernando Pessoa no que se conta a historia dun caracol. Tamén van realizarse diferentes obradoiros sobre cociña lusófona, haikus galego-portugueses e monstruos ilustrados.
Ás 18.30 horas, Vero Rilo e Sonsoles Penadique ofrecerán 'A formiga no carreiro', unha sesión de música e contos. Ás 19.00 horas, Kikolas presenta a obra teatral 'Calor', sobre as persoas que carecen de fogar. Á mesma hora, o Teatro Principal acolle a emisión de 'O grúfalo' e 'A filla do Grúfalo', dúas aventuras cinematográficas sobre contos de Julia Donaldson.
Relacionadas:
-
O humor será o tema principal da XXI edición do Salón do Libro e Italia o seu país convidado
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
300 familias pontevedresas sumáronse xa ao programa Apego
Por Diego Espiño |
-
O Salón do Libro despide a súa XX edición cun desexo: que veñan 20 máis
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Casa das Campás acolle a proxección dun documental sobre a poesía galega dos últimos anos
Por Olaya Madrigal |
-
Homenaxe no Salón do Libro a Antonio García Teijeiro no Día da Literatura infantil e xuvenil
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Nova vida para os libros na II Feira de Libros Usados
Por Almu Dapena |
-
O Salón do Libro acolle o Congreso Internacional de Mediación Lectora
Por Redacción |