Coque Malla e Juan Perro, primeiros nomes para a programación estival de El Náutico
Por Alejandro Espiño
Como cada verán, El Náutico do Grove prepárase para acoller unha programación de concertos ao alcance de moi poucos. Por agora, pouco coñécese das bandas e artistas que actuarán en San Vicente do Mar nos meses de xullo e agosto, pero a través dos portais de vendas de entradas xa se desvelou algúns deles.
La gira invisible de Coque Malla será, sen dúbida, un dos pratos fortes. Tanto que actuará en dous días consecutivos, 13 e 14 de agosto. As entradas, á venda a través de Ticketea, xa están esgotadas para o segundo dos concertos. Só quedan para o primeiro día, o martes 13.
Aínda inmerso na preparación do seu novo disco, que verá a luz para mediados de outubro, Coque Malla presenta nesta xira as súas novas cancións a guitarra e voz para un reducido grupo de afortunados. Só en tres escenarios: Menorca, o parque natural de Cabo de Gata e a súa cita ineludible co Náutico de San Vicente do Mar.
Pola súa banda, a xira de Juan Perro deterase no Grove o 4 de agosto e as entradas tamén se poden adquirir xa a través de Internet.
A banda, con Santiago Auserón á fronte, xunta as voces singulares dun grupo de músicos creadores unidos pola complicidade, que levan a síntese de tradicións afroamericanas e hispanas ao terreo da experimentación sonora.
A emoción poética, o humor disposto á invención en cada tema, a pulsión do baile e a fondura na interpretación son as características desta banda de primeiro nivel, que fará gozar ao público galego dun estilo no o blues, o R& B, o rock, o soul e os estándares jazzísticos intégranse de maneira natural coa tradición afrolatina -principalmente cubana- e coas músicas de España e Portugal.