A 'resurrección' de Hombres G, nova confirmación para o Maestral Music Festival
Por Redacción
David Summers, Dani Mezquita, Rafa Muñoz e Javi Molina. Eles son os Hombres G, unha das bandas míticas dos anos 80. Cancións como Venezia, Marta tiene un marcapasos, Devuélveme a mi chica o Temblando forman parte do imaxinario colectivo. E todas elas soarán de novo en directo en Sanxenxo.
Hombres G é a novena confirmación confirmada para o Maestral Music Festival que se organizará no municipio entre os días 3 e 23 de agosto. O concerto do grupo madrileño, segundo confirmaron os seus organizadores, celebrarase o día 4 de agosto.
En Resurrección, como se chama a xira da mítica banda madrileña, lembrarán os éxitos xa absolutamente indiscutibles da súa discografía, apoiados sobre un directo espectacular, froito de máis de trinta anos sobre os escenarios.
Desde o seu primeiro disco, editado en 1985, Hombres G acumula millóns de discos e entradas vendidas tanto en España como en América, con especial peso en México onde aínda hoxe enchen algún dos máis emblemáticos auditorios en cuestión de horas.
Ademais, recentemente a banda recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.
As entradas para este concerto pódense adquirir xa na páxina web do festival e na plataforma Ataquilla.com.
Hombres G súmase a todos os concertos anunciados previamente, entre eles, os de Aitana, Raimundo Amador, Alfred García, Pablo López, Pastora Soler ou Vanesa Martín.