James Rhodes hipnotiza no Pazo da Cultura. "Sinto Galicia como a miña segunda casa"
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
Minutos antes de que James Rhodes aparecera no escenario do Pazo da Cultura, o público xa se atopaba en silencio, expectante e desexoso de que o coñecido pianista ofrecese as súas primeiras palabras e fixera soar as primeiras notas da noite. Pouco despois das 20.30 horas, o intérprete que vestiu de informalidade a música clásica aparecía baixo un foco cenital empregando un recurso galego, a dúbida: "Boas tardes ou boas noites", pronunciou en lingua galega ante os aplausos dos espectadores que enchían as butacas do auditorio.
A continuación gañaba definitivamente ao público: "Sinto Galicia como a miña segunda casa" e cun sorriso tivo unha referencia inevitable á cidade: "ese centro sen coches en Pontevedra es la hostia".
Xa sentado ao piano, James Rhodes abría o concerto cun preludio de Chopin para despois abordar unha sonata de Beethoven, outras dúas pezas máis de Chopin e unha obra creada para órgano por Bach, que o músico británico interpretaba ao piano explicando previamente as partes que formaban a peza e as dificultades que contempla. O contido do concerto moveuse, como explicaba o londinense, entre un mundo intimista e un espazo de expresividade dirixida ao exterior.
Entre o seu repertorio, Rhodes aproveitaba, empregando o castelán e o inglés, para ofrecer datos da personalidade dos compositores xerando empatía co públlico, entre o que se atopaba o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores; a concelleira de Cultura Carmen Fouces ou o concelleiro do PP neste mandato, José Luis Martín. Ademais, espectadores chegados desde puntos a máis de 350 quilómetros como Zamora ou de distintas localidades de Galicia asistían con entusiasmo a un concerto que se pechaba con dous bises ante las insistentes ovaciones.
No primeiro facía soar a melodía de 'Hall of the mountain king', da obra Peer Gynt, de Edvard Grieg, que interpretou con rabia amosando, segundo anunciaba, o que lle provoca Vox e Santiago Abascal. O músico remataba a peza cunha peineta dedicada a esta formación política.
O concerto pechábase cunha delicada obra que dedicou a Pontevedra. Tras a actuación subía un novo tweet agradecendo á cidade a acollida: "Unha bela audiencia e unha fermosa cidade".
No escenario esta noite. Moitas grazas Pontevedra. Unha bela audiencia e unha fermosa cidade pic.twitter.com/jDKoumx1YN
— James Rhodes (@JRhodesPianist) 19 de mayo de 2019
Lanzaba esta outra mensaxe na rede social despois de publicar o postre que estaba a degustar durante a cea nun local da cidade.
(No es un tweet político, solo una observación de mi corazón feliz.)
— James Rhodes (@JRhodesPianist) 19 de mayo de 2019
* As imaxes desta información foron realizadas durante o ensaio previo no Pazo da Cultura, debido a que o artista non permite realizar fotografías durante o concerto. Esta sesión fotográfica, autorizada por James Rhodes, foi a petición expresa de PontevedraViva.
Relacionadas:
-
O 2019 garda a lembranza de Antonio Fraguas, abre o futuro do Museo e deixa a pegada de James Rhodes e Rozalén
Por Diego Torrado & Mónica Patxot & Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Glen Hansard culmina por todo o alto o ciclo 'Voices'
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Glen Hansard porá o broche de ouro ao ciclo musical Voices
Por Alejandro Espiño |
-
O pianista James Rhodes coñece o centro peonil de Pontevedra: "es una de las cosas más impresionantes que he visto"
Por Redacción |
-
James Rhodes, unha mañá de "paz e harmonía perfecta" no centro penitenciario da Lama
Por Alejandro Espiño |
-
Esgotadas as entradas para o concerto de James Rhodes, que este domingo visitou Pontevedra
Por Redacción |