Unha ducia de curtametraxes pasan á final da Sección Escolas Galegas do FICBUEU 2019
Por Redacción
Doce curtametraxes realizadas en centros educativos integran a Sección Escolas Galegas do 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, da que sairán os títulos gañadores das tres categorías nas que se subdivide este apartado do certame.
A participación incrementouse dos 75 traballos enviados en 2018 ata os 93 rexistrados nesta ocasión, entre os que resultaron seleccionados os seguintes finalistas:
Categoría de educación especial, infantil e primaria: Abre tu mente - CEP Lois Tobío (Viveiro), Maruxa e Pepiño - CEIP de Guillarei (Tui), Novamente feliz - CEIP de Caión (A Laracha), Regueifando en Marín - CEIP do Carballal (Marín).
Categoría de educación secundaria: A contraluz - CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), Error 404. Girl not found - IES Politécnico de Vigo, Mais eu non son eu - IES de Brión, Mi mejor enemigo - IES Cacheiras.
Categoría de centros de formación profesional e facultades: A ningunha parte - Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (UVigo), Memorias de rodaxe - IES Audiovisual de Vigo, Na memoria da túa esposa - Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (UVigo), Pegaso 650 - IES Audiovisual de Vigo.
Promover os novos valores do audiovisual é o obxectivo da Sección Escolas Galegas, na que os premios consisten en material audiovisual valorado nun total de 550 euros. O xurado está integrado polo sonidista Eloy Táboas, o músico e profesor Seso Durán e mais Alba Ferradás, graduada en Comunicación Audiovisual. As fitas gañadoras daranse a coñecer o 14 de setembro durante a gala escolar do FICBUEU 2019.
Relacionadas:
-
O colexio Carballal de Marín, triple premio no 'eMove Festival' e no 'Humans Fest'
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Atopando o Camiño' co CEIP Parada-Campañó
Por Marisa Ciordia |
-
Luis Zahera recibirá o Premio Cinema Galego no FICBUEU
Por Redacción |
-
Especialistas de Arxentina, Francia e Valencia avalían os filmes do FICBUEU
Por Redacción |
-
O FICBUEU ofrecerá este ano a súa programación cinematográfica máis ampla e variada
Por Redacción |
-
Pequeno formato para grandes obras no cartel do FICBUEU 2019
Por Redacción |
-
Bueu organiza unha nova edición da Ruta das Tapas Cinco Estrelas
Por Redacción |