30.000 watts de potencia para encher Portocelo de música electrónica no San Juan Beach
Por Redacción
O sábado 22 de xuño espérase unha gran afluencia de público á praia de Portocelo para celebrar a festa de San Juan Beach. Desde o goberno de Marín, en colaboración con empresarios do municipio, queren converter esta festa nunha referencia musical na provincia e en Galicia.
O concerto de música electrónica comezará ás 23.00 horas da noite no areal. A organización ten prevista unha potencia de 30.000 watts de son, con actuacións de performance, agasallos, lanzalumes e after movie.
O apartado musical chegará da man de Fonkid, José Malaguita, Ruben F. , The Vault, Blvckr, Traffic House, Dani Muñoz, Victor Flores, Groove Amigos e G. Rich!
Desde a organización alertan de que se prohibe a entrada á praia con calquera tipo de vidro, vasos ou botellas. Permitirase o acceso a públicos de todas as idades e solicítase a colaboración en relación co coidado do medio ambiente e da contorna natural.