A xornalista e política María Xosé Porteiro presenta a novela 'Sándalo' na Casa das Campás
Por Redacción
María Xosé Porteiro, xornalista, política, escritora e integrante do Consello Reitor do IGADI, presentará este xoves 20 a súa novela 'Sándalo' (Xerais, 2019) en Pontevedra.
O acto vai desenvolverse na Vicerreitoría do campus de Pontevedra, na Casa das Campás, a partir das 20.00 horas. A autora ofrecerá unha exposición sobre a diáspora galega e América, na que participarán Dolores Vilavedra, profesora de literatura na Universidade de Santiago de Compostela e crítica literaria, ademais do xornalista Xosé María Palmeiro.
Ao longo de 30 minutos, a escritora exporá o seu punto de vista sobre o tema e na media hora final do acto manterá unha charla co público asistente. A entrada é libre.
Esta actividade desenvólvese dentro do ciclo O Mundo Desde Aquí, en que se aproveita a presentación de libros para analizar diferentes temáticas. Este ciclo remata o xoves 27 de xuño coa intervención do escritor Moncho Iglesias.