Salvador Sobral actuará no Maestral Music Festival de Sanxenxo o 17 de agosto
Por Alejandro Espiño
O portugués Salvador Sobral, flamante gañador do Festival de Eurovisión 2017, tamén visitará Sanxenxo este verán. É a nova confirmación para o extraordinario cartel que está a reunir o Maestral Music Festival na súa primeira edición.
En concreto, actuará en Sanxenxo o sábado 17 de agosto, segundo avanzaron este martes os organizadores do festival.
Sobral, que adquiriu fama internacional coa vitoria do seu tema Amar pelos dois no festival eurovisivo, editou recentemente o seu novo disco, un traballo titulado París, Lisboa. Con el explora novos sons próximos ao jazz, que fusiona co estilo das súas orixes.
Xunto a Salvador Sobral, o Maestral Music Festival de Sanxenxo, que se celebrará entre os días 3 e 23 de agosto, contará cos concertos de Roi Méndez, Aitana, Raimundo Amador, Alfred García, Hombres G, Luar na Lubre, Pablo López, Pastora Soler ou Vanesa Martín.
Relacionadas:
-
RADIO.- As Conversas na Ferrería conectan cun emotivo e esperado Festival de Eurovisión
Por Marisa Ciordia |
-
27 artistas nacionais e internacionais ofrecerán concertos no Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Rulo y La Contrabanda, nova confirmación do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A organización de Maestral busca persoal para o desenvolvemento dos concertos de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Roi Méndez (OT) tamén se suma ao cartel do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
A 'resurrección' de Hombres G, nova confirmación para o Maestral Music Festival
Por Redacción |
-
O Maestral Music Festival mira de novo a OT: Aitana actuará en Sanxenxo o 3 de agosto
Por Alejandro Espiño |