Mimmi Kass presenta en Pontevedra o seu libro "Bajo la aurora boreal"
Por Redacción & Mónica Patxot
A librería Cronopios acolleu este mércores a presentación da nova novela da escritora Mimmi Kass. Foi cun encontro con lectores que xirou ao redor deste libro, Bajo la aurora boreal, unha obra galardoada co XII Premio Terciopelo de Novela Romántica.
Nada en Valencia en 1980, Mimmi Kass reside en Pontevedra onde traballa de médica pediátrica no Hospital Provincial e, ademais da súa formación como médica, ten estudos de psicoloxía e sexología.
A súa paixón pola escritura, segundo recoñece a propia autora, vén desde a adolescencia, cando gañou un premio literario en bacharelato co seu relato Unha danza negra.
Tras publicar relatos en varias antoloxías, lanzouse á publicación independente en 2016. Radiografía del deseo, Diagnóstico del placer, Latidos de lujuria y A corazón abierto son algunhas das súas novelas publicadas ata o momento. Con eles, conquistou a numerosos lectoras e lectores do xénero romántico.
Bajo la aurora boreal é unha historia de amor épica situada nos tempos convulsos de finais dos sesenta e principio dos setenta, coas paisaxes de Noruega de fondo e a loita dos protagonistas por superar as dificultades que todas as súas diferenzas supoñen; enfrontándoos ás súas familias, ao seu modo de vida e entre si.