A Festa da Saleta bailará ao ritmo do mellor pop español dos 80 e 90
Por Redacción
A organización da Festa da Saleta desvelou a que será unha das súas grandes actuacións musicais. A banda La Edad de Oro del Pop Español, que versiona música dos 80 e dos 90, actuará en Raxó.
Será o sábado 21 de setembro. O seu concerto, de máis de tres horas, será despois da actuación da Orquesta Marbella e da tirada dos fogos artificiais.
Esta actuación súmase á xa anunciada previamente da orquestra París de Noia.
La Edad de Oro del Pop Español está integrado polos músicos Pablo Perea, Alberto Comesaña, Patricia Aguilar e Rafa Blas.
O seu repertorio abarca todos os estilos da época dos 80 e 90 e todas as cancións que interpretan e foron éxitos con grupos como Danza Invisible, Mecano, Duncan Dhu, Joaquín Sabina, Héroes del Silencio, Tequila, Los Rebeldes, Alaska y Dinarama, Hombres G ou Gabinete Caligari.