O Museo estrea unha colección que percorre a historia da indumentaria galega dos séculos XIX e XX

Por Redacción
O Museo de Ponteveda inaugurou onte a exposición 'Galicia, a terra dous mil panos'. Trátase unha colección que reúne máis dun centenar de tecidos e panos que se empregaban habitualmente na vestimenta galega de finais do século XIX e principios do XX. Trátase dun percorrido por diferentes tipos, tamaños, materias primas, adornos, técnicas de bordado e estampado coas que se adornaba a indumentaria tradicional.
Na inuguración da mostra, que poderá visitarse ata o 1 de septembro de forma gratuita no Sexto Edificio, o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, destacou o papel do colectivo Sete Espadelas, un dos promotores da inciativa. Esta agrupación chea anos investigando os tecidos propios de Galicia, un labor pola que levaron un dos premios de Investigación do Traxe Galego Antón Fraguas 2018. O director do museo, Xosé Manuel Rey, agradeceu a persoas e institucións que doaron materiais imprescindibles para facer realidade a colección.
A mostra está composta por noventa traxes tradicionais galegos reproducidos de forma fidedigna, así como outras pezas de valor incalculable como mantóns ou panos para o corpo ou a cabeza. A sala da exposición está dividida en tres sectores. Un para os panos de uso cotián, outro con mantones máis longos que inclúe unha colección de mantóns de Manila elaborados na capital filipina que chegaron ata Galicia por vía mariña facendo escala en Mexico e Cádiz. E unha última na que poden contemplarse panos de seda de Damasco elaborados na Coruña.
Tamén hai espazo para a indumentaria masculina cos panos que portaban os homes, regalados polas súas mulleres, que debían levar á vista para que todo o mundo soubese que tiñan noiva. Existe tamén un pequeno apartado dedicado aos mantóns de Muros, máis alcanzables os de Manila.
Inauguración da exposición 'Galicia, terra dos mil panos'
A mostra, que inclúe noventa traxes tradicionais completo e unha ampla variedade de panos e mantones, estará dispoñible ata o 1 de setembro no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e o acceso é gratuíto.
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
O director do Museo diversificará o tipo de exposicións tras o éxito da mostra de Sete Espadelas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Novas visitas guiadas á mostra "Galiza, a terra dos mil panos"
Por Redacción |
-
O Museo amplía as visitas guiadas á exposición 'Galicia, a terra dos mil panos'
Por Almu Dapena |
-
As obras de 35 artistas poderanse ver no Museo de Pontevedra con motivo da exposición 'Novos Valores'
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Denuncian outra limpeza agresiva de estacións rupestres do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Unha escolma de mantóns achegan 'Galicia, a terra dos mil panos' ao Museo
Por Redacción |
-
Construirán un novo edificio para albergar a colección arqueolóxica do Museo
Por Alejandro Espiño |