Dubioza Kolektiv no Armadiña Rock
Por Redacción
Unha das bandas europeas máis importantes, Dubioza Kolektiv vai ser o cabeza de cartaz do XI Armadiña Rock Estrella Galicia. O Festival completa un programa de moito nível onde destacan o propio Dubioza Kolectiv, Heredeiros da Crus e Triángulo de Amor Bizarro.
Ademais, e como ven sendo habitual, na fin de semana do 23 ao 25 de agosto, a música vai soar en cada recuncho de Combarro.
A música dos Dubioza Kolektiv, o folclore dos Balcáns combinándose con hip hop, reggae, dub e rock. O seu son innovador mestúrase cunhas letras de compromiso político que falan da paz, tolerancia e loita contra a extrema dereita.
A banda dos balcáns ten milleiros de seguidores por todo o mundo e é un habitual nos mellores festivais europeos. A Chousa agarda que Combarro brinque ao ritmo da súa música.
Este festival está organizado pola ACDeM Armadiña co apoio do Concello de Poio e a Deputación de Pontevedra.