As obras de 35 artistas poderanse ver no Museo de Pontevedra con motivo da exposición 'Novos Valores'
Por Almu Dapena & Mónica Patxot
Con motivo da exposición Novos Valores 2019, un total de 35 artistas exporán, a partir deste xoves, as súas obras no Museo de Pontevedra. As obras, seleccionadas dun total de 110 presentadas, recollen 7 gravados, 3 debuxos, 7 pinturas, 5 esculturas, 9 fotografías, 3 varios e unha peza audiovisual.
Dentro desas 35 obras, pódense atopar as catro premiadas polo xurado desta edición con bolsas de 7.500 euros. Rosa Pardal, Anime Asselman, Elena Matamoro e Alba Castelo foron os artistas galardoados para poder ampliar os seus estudos artísticos. Así mesmo, terán a oportunidade de expoñer as creacións resultantes desa formación.
Por unha banda atópase a óbra "Habitación nºA" de Rosa Pardal. Trátase dunha fotografía que pertence a un proxecto persoal da artista na que fala da contorna rural no que vive. Esta fotografía simbolista, mostra a unha muller co rostro tapado e un arco detrás "que intenta romper con el tópico de mujer objeto para mostrarla como creadora", explica Rosa.
Outra das obras premiadas é "Ordensound", de Anime Asselman. O artista aclarou que a súa intención é "crear un nuevo lenguaje para emplear nuevas formas geométricas que puedo transmitir a obras de arte y al diseño". Desta maneira "la música y la geometría tienen una misma base y fue lo que me llevó a esa obra abriéndome una nueva línea de investigación para poder trabajar con músicos", concluíu.
Por último atópanse as obras de Elena Matamoro e Alba Castelo, ausentes na presentación.
A "Mirada que escoita", de Elena Matamoro, é unha investigación en arte sonora. "Mediante la observación, registro y análisis de la forma en cada imagen, realizo una traducción subjetiva a la escritura musical, en pentagramas, claves y notas", aclara a artista. Está composto por cinco pezas das cales só dúas están expostas. Trátase de "Árbol" e "Pájaros volando sobre el río Lérez".
Alba Castelo, pola súa banda, presentou "Maleza". Trátase dun traballo que abarca pintura, ilustración e escultura cerámica "xogando coa ambigüedade representando a natureza dunha forma clásica e de traballo minucioso", explicou."Cada unha das pezas garda a esencia do meu propio autorretrato onde me presento como elemento natural animado", concluíu.
Relacionadas:
-
Os catro Novos Valores 2018 expoñen as súas creacións artísticas no Museo
Por Redacción |
-
"Éxito" de asistencia á exposición 'Novos Valores 2019'
Por Redacción |
-
O Museo estrea unha colección que percorre a historia da indumentaria galega dos séculos XIX e XX
Por Redacción |
-
Catro estudantes de Belas Arten triunfan no certame Novos Valores
Por Redacción |