Aquí cántase e vaise de festa: chega a Peregrina 2019
Por Redacción & Mónica Patxot
As Festas da Peregrina 2019 xa están aquí. Chegaron oficialmente este venres pola noite coa apertura do recinto das festas na contorna da Alameda, Montero Rios e Raíña Victoria e coa convocatoria popular 'Aquí cántase', unha cita xa asentada a pesar de que tan só leva tres edicións na que os pontevedreses se citan para cantar nas prazas da cidade.
A actividade, posible grazas á asociación Maravallada, tivo este ano un incremento da participación de público e encheu as rúas do casco histórico coa letra das cancións seleccionadas. A organización repartiu un total de 1.200 letras impresas para que o público puidese seguir o repertorio.
Para participar en 'Aquí Cántase' no é necesario cantar ben, só ter ganas de cantar e todos os que se sumaron este venres pola noite ao percorrido de Maravallada demostraron que tiñan moitas e que os ensaios realizados durante os últimos meses nos centros sociais do Gorgullón, Santo André de Xeve e Salcedo deron os seus froitos.
Desde a praza da Ferraría ata a praza da Leña, en todo o percorrido pola praza de Curros Enríquez e a escalinata do Teatro Principal, a música invadiu Pontevedra e xa animou aos pontevedreses de cara ao Día Grande das Festas da Peregrina, que chega este sábado coa inauguración ás 11.00 horas da Feira do Mel na contorna do mercado e, sobre todo, ás 12.00 co Pregón de Manuel Jabois.
Aquí tes a programación das Festas da Peregrina.
Relacionadas:
-
Empoderar ás persoas de máis de 65 anos a través de actividades musicais e culturais
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Manuel Jabois, o pregoeiro que conseguiu "facer de Pontevedra a medida de todas as cousas"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Asociación Maravallada espera encher as rúas de Pontevedra para celebrar a III Edición de 'Aquí Cántase'
Por Almu Dapena |
-
Último ensaio colectivo en Salcedo para preparar o 'Aquí cántase' do 9 de agosto
Por Redacción |
-
Pontevedra, preparada para tres meses de festa "intensiva"
Por Alejandro Espiño |