Luis Piedrahita presentará os seus novos monólogos en O Grove
Por Almu Dapena
Tras o éxito de "Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas", o monologuista prepara novo material para un espectáculo que verá a luz en setembro, pero que poderá verse a modo de aperitivo no Grove.
O artista galego, colaborador de programas televisivos como 'El Hormiguero' presentará o xoves 15 de agosto a súa nova actuación no Patio na que regresa ao formato clásico da stand up comedy.
Unha vez máis, o artista sae en defensa de todos eses pequenos seres aos que non se lles trata co respecto que se merecen e convídanos a acompañarlle durante case hora e media de show, risas e emocións.
As entradas para ver o espectáculo no Grove pódense adquirir en https://www.norting.com/actividades/luis-piedrahita-ogrove#booking e no despacho de billetes do Patio. O prezo das entradas é desde 20 euros.