Iván Ferreiro falou menos e cantou máis
Por Diego Torrado
Despois de interpretar as primeiras cancións do seu concerto Iván Ferreiro dirixiuse ao público que enchía a Praza de España para anunciar as súas intencións: falar menos e cantar máis.
Dito e feito, o cantante interpretou temas da súa carreira en solitario e repasou os do seu antigo grupo Los Piratas.
Miles de persoas fixéronlle os coros en temas como "Turnedo", "El pensamento circular" ou "Años 80".
O vigués Iván Ferreiro fixo súa a praza e envorcouse co esixente público da capital que lle demandaba máis e máis cancións. Así ninguén lle vai a crer cando volva dicir que está canso despois de tres anos de xira.