O Cantos na Maré regresa a Pontevedra do 13 ao 15 de setembro
Por Redacción
O Cantos na Maré regresa á cidade de Pontevedra os días 13, 14 e 15 de setembro para celebrar unha décimo quinta edición que acollerá 15 concertos e máis dunha ducia de actividades.
Os espectáculos terán lugar no Pazo da Cultura, no Teatro Principal, no Museo de Pontevedra e en diferentes espazos do casco vello, que se converterá nun auténtico escenario.
O vindeiro luns (de 00.00 do domingo 25 a 00.00 horas do luns 26) sairán á venda de forma especial para celebrar o 15º aniversario 100 abonos (que dan entrada a toda a programación) a 30 euros antes de coñecer o cartel, que se anunciará ao día seguinte. A oferta supón un aforro do 40% sobre o prezo posterior.
O NOVO CANTOS NA MARÉ
Sen abandonar a idea primixenia da lingua como conexión de Galicia coa Lusofonía, Cantos na Maré dá un paso máis e toma unha nova reorientación.
Os organizadores sinalan que "o Festival quere atravesar máis mares, deixarse alumear por máis lúas e espallarse a máis mundos". Coa música como gran nexo, desde a música de raíz ás músicas urbanas pasando polas voces corais e a polifonía, mais sen renunciar a outros contidos como a gastronomía, a narración oral ou a danza.
Anuncian que non só haberá novos contidos senón tamén novos espazos para desenvolver actuacións e accións espallados por toda a cidade de Pontevedra, que se sumarán ao habitual espazo central do Pazo da Cultura, pois Cantos na Maré tamén pretende ser un festival que "promova a descuberta e revalorización do patrimonio da cidade".
Relacionadas:
-
Antón Reixa, principal estrela dos actos que Cantos na Maré desenvolverá no Museo de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
As mulleres comprometidas, protagonistas centrais no 15 aniversario de Cantos na Maré
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Enredadas, o proxecto conxunto de Uxía, Martirio, Carmen París e Ugia Pedreira, pechará Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Cantos na Maré celebra o seu 15 aniversario cunha oferta de bonos a 30 euros
Por Redacción |