Afundación faise cargo dos pagos do Maestral
Por Almu Dapena
Despois das cancelacións do Maestral Music Festival, a plataforma Ataquilla. com, medio desde o que se puideron adquirir as entradas, anunciou a través dun correo que os asistentes podían reclamar o importe abonado polas entradas a através da páxina, advertindo que non reembolsarían o prezo pago ata que a organización realizase o ingreso do importe.
Nun último correo enviado por Afundación, explican que "el organizador del festival no ha ingresado las cantidades necesarias para hacer frente al reembolso del importe total de tus entradas".
É por iso, que para que as case 6000 persoas afectadas polos feitos non se vexan prexudicadas, a plataforma de venda de entradas decidiu "anticipar los importes necesarios para que puedas recuperar todo tu dinero", sendo eles os que o reclamarán ao organizador.
O proceso de devolución iniciarase a partir deste xoves, e esperan finalizalo nun prazo máximo de 10 días hábiles. O importe das entradas abonarano a través do mesmo medio de pago que se utilizou para a compra.
Relacionadas:
-
O PSOE de Sanxenxo pide que o Concello cree una oficina de atención aos damnificados pola cancelación do Maestral
Por Redacción |
-
Telmo Martín: "A imaxe de Sanxenxo está por encima de calquera festival"
Por Oskar Viéitez |
-
A Unión de Consumidores pide a consumo que investigue a cancelación do Maestral
Por Almu Dapena |
-
O PSOE e o BNG piden explicacións a Telmo Martín pola cancelación do festival Maestral
Por Redacción | Creada e actualizada
-
As empresas afectadas pola cancelación do Maestral crearán unha plataforma
Por Oskar Viéitez |
-
O Maestral Music Festival Sanxenxo cancela todos os seus concertos
Por Oskar Viéitez |