A Biblioteca municipal de Poio convértese este venres nun barco pirata
Por Redacción
Con motivo das actividades que a Biblioteca Municipal de Poio, situada na rúa Beiramar en Campelo, programou para o terceiro trimestre do ano, este venres 23 acollerá un imaxinario barco pirata a este espazo cultural coa intención de ofrecer unha nova perspectiva dotada de dinamismo e entretemento para motivar aos máis pequenos á lectura.
A partir das 12.00 horas, o Pirata Bieito, un navegante que perdeu a memoria e non logra lembrar os contos que puido ler ao longo da súa aventureira vida xurdirá entre os libros da Biblioteca.
Co pirata iniciarase unha aventura na que o público infantil terá que buscar no seu cofre no que aparecen pistas que permitirán adiviñar os títulos dos contos. Por cada conto acertado, Bieito recompensará os asistentes cunha moeda de ouro chocolateiro.
A actividade é de acceso libre e está destinada a público familiar.