O Armadiña Rock saca peito do éxito dunha edición con máis de 25.000 espectadores
Por Redacción
A organización do festival Armadiña Rock Estrella Galicia, que se celebrou en Combarro durante a pasada fin de semana, acaba de facer balance desta once edición da cita e indica que máis de 25.000 persoas asistiron tanto aos concertos realizados na praza da Chousa e na Rualeira como ás diversas actividades que tiveron lugar por todos os recunchos da vila.
Á hora de facer balance destacan que participou todo tipo de público, desde nenos moi pequenos ata persoas de diferentes idades; xente de Combarro, Poio, o resto de Galicia e outras zonas do Estado, así coma o turismo que se achega habitualmente a Poio.
Armadiña quere agradecer ás máis de 60 persoas voluntarias que dedicaron o seu tempo libre a traballar arreo e facer posible o bo fin do festival, recoñecemento que fan extensivo ás máis das 160 empresas colaboradoras deste ano, patrocinios, organismos públicos (Concello de Poio, Deputación de Pontevedra), Protección Civil de Poio e especialmente a toda a veciñanza de Combarro, polo seu "apoio permanente".
O evento, segundo destacan, "superou as expectativas un ano máis, e xa van once edicións" e insisten en destacar o "comportamento exemplar e máis que destacable" das persoas que participaron neste festival.
Así, insisten en que a Policía Local e Protección Civil de Poio só tiveron que facer fronte a unhas "mínimas incidencias", polo que conclúen que foi un festival moi tranquilo en materia de seguridade.
Os organizadores indican que son coñecedores do malestar que puido causar o dispositivo de seguridade nos accesos ao festival e lamentan que isto poida ter un efecto disuasorio de cara a vindeiras edicións. De todas maneiras, queren aclarar que eles non teñen competencia no que se refire a asuntos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.
Relacionadas:
-
Armadiña Rock 2020 xa ten datas: do 21 ao 23 de agosto
Por Redacción |
-
A Garda Civil denunciou dous mozos que portaban tres armas brancas prohibidas a fin de semana en Poio
Por Redacción |
-
Dous detidos por vender marihuana, fungos alucinóxenos e outras drogas sintéticas durante o Armadiña Rock
Por Redacción |
-
O Concello de Poio valora moi positivamente a última edición da Festa do Mar
Por Redacción |
-
Armadiña reivindícase como festival de referencia
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A música dos Heredeiros da Crus enche Combarro
Por Redacción & Diego Torrado |