Setembro chega o domingo con ambiente de romaría e a música de folk no Alobre
Por Redacción
Setembro entra a ritmo de folk e con ambiente de romaría en Vilagarcía grazas ao Festival Folk no Alobre que se desenvolverá durante toda a xornada do domingo no Parque Enrique Valdés Bermejo.
Promovido pola asociación Pés de Barro e organizado polo Concello, esta romaría urbana tradicional deseñada para o lecer de toda a familia inclúe unha visita guiada ao xacemento arqueolóxico do Castro de Alobre.
Ademáis haberá obradoiro de baile tradicional, presentación do libro "Bailegramas", xogos populares, e música popular a cargo de grupos de gaitas e de grupos folk como Cé Orquestra Pantasma, os Terribles de Arousa, Donicelas, Xistra de Coruxo e Fiandola.
Todo de balde, excepto o xantar que os romeiros deberán levar da súa propia casa.