A expo 'Mulleres galegas na historia' reivindicará en Meis o papel de 17 impulsoras invisibilizadas
Por Redacción
A soldadeira María Balteira; a nobre Inés de Castro; a líder rebelde María Castaña; as heroínas María Pita e María Soliña; as escritoras e activistas feministas Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán; a mestra e pedagoga Ernestina Otero; as pintoras Maruja Mallo, María Antonia Dans e Julia
Minguillón ou a actriz de cine e teatro María Casares son algúns dos nomes das mulleres que protagonizan a exposición 'Mulleres galegas na historia'.
Esta muestra itinerante chega este martes 3 de setembro ao Concello de Meis da man da Deputación de Pontevedra. A presidenta provincial Carmela Silva será a encargada de inaugurar esta mostra ás 20.00 horas na Casa do Escudeiro do Mosteiro reivindicando o papel destas 17 mulleres que foron silenciadas e invisibilizadas como consecuencia dunha sociedade patriarcal.
A mostra poderá visitarse ata o 3 de outubro en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas; os sábados de 10.00 a 14.00 horas e os domingos de 16.00 a 20.00 horas.